Moitas veces as situacións son as que te escollen a ti por moito que tentes en que sexa ó revés, ese ten sido o meu caso. Cando comecei a carreira adicábame a tocar distintos instrumentos musicais a pintar e facer esculturas con material de refugallo cás que incluso cheguei a gañar algún premio.

 

A formación dende a rama de teoría y deseño abriu ante os meus ollos un amplo espectro teórico no que distintos creadores levaban ó limite as súas ideas por disparatadas que foran. Converténdose isto nunha constante do actual arte conceptual.

 

El curso que recibín clases de Teoría da Composición (una das miñas materias preferidas) tiven  ademais a sorte de descubrir todo un mundo novo dende os seus adentros. A miña colaboura como técnico de son no programa sobre artes escénicas Cabaret, derivoume a traballar co grupo de teatro catalán A Fura dels Baus para a celebración no 2005 da saída dende o porto de Vigo da Volvo Ocean´s Race. Unha oportunidade na que descubrín o poder organoléptico e vital do performance a gran escala. Unha ocasión única na que vin como o arte expresabase a nivel vital e dinámico grazas o ritmo da acción corporal e a música, algo que me inspirou enormemente e que me demostrou como o final todos bebemos das mesmas fontes.

 

Esta experiencia práctica xunto a miña formación tanxencial como arquitecto, levoume a crear a miña propia empresa de teatro Ni Fu Ni Fa Animación. Nela puiden expresarme como músico video creativo, técnico de son e como actor grazas o apoio da miña moza Mónica. A experiencia acadada neste campo o lo longo de dez anos permitiume experimentar ca tradición dende a vangarda en ámbitos tan residuais a día de hoxe como o teatro ou a radio. Uns campos de acción que andan a recuperar gran parte do seu valor nun claro proceso de rexuvenecemento grazas o apoio das novas tecnoloxías. Proceso polo cal as nosas propostas se converteron en caldos de cultivo cos que poder experimentar con outras persoas ca axuda das novas redes sociais y al trato persoal, que nunca debe faltar.

 

Actualmente descubrín de novo dende a teoría que precisamente o evento social tamén da senso o espazo público, es dicir a celebración e as experiencias vitais son as que conseguen que as persoas fagan seus os lugares de una vez por todas. Algo que se complementa perfectamente con eses novos espazos virtuais de relación que xorden mediante procesos como a democratización da informática. A protección de novos espazos físicos que dean cabida a calquera iniciativa creativa posibilitan esa típica necesidade humana chamada festa popular.