CLARO QUE SI. Proxecto no que se xoga co son a imaxe e mais o espazo a partes iguais. O proceso creativo basease nuns "samplers" creados co son orixinal rexistrado por una cámara de vídeo, a imaxe e o son sepáranse, o audio se manipula o fragmentalo e descontextualizalo creando unha base rítmica á que se supedita música e imaxe. Unha forma de pensar completamente oposta o clásico "Ragtime" das orixes do cine. Neste caso son as secuencias as que perseguen desenfreadamente a unha nova realidade sonora para enriquecela.  

A TODO TREN: O mundo do Country Blues o Rock sempre tivo próximo o ferrocarril, con toda a súa carga estética e a súa forza sonora. Eu quixen sumarme tamén ós que trataron o tema, adaptándoo a paisaxe galega. O resultado é un paseo polas rías de Pontedeume e Ferrol,  das que puiden captar o seu atractivo ca axuda de Suso e Chema xunto á do maquinista e o revisor desta liña. Neste traxecto estudei á orografía y esta determinou a composición da pantalla. Tras consultar as mareas para asegurarnos da preamar o resultado estaba garantido.

PELIQUEIRO: As festas populares son reflexo dos ciclos estacionais e o sentir común dunha sociedade. Peliqueiro é un corto onde captase a esencia do Entroido de Laza. O tema amosa o primeiro impacto que un ten o chegar a este pobo en plena festa que é o son das chocas repicando por todo o val, o colorido y despois a subida de adrenalina de cando te zoupan por primeira vez. O Entroido en Laza ten un valor etnográfico inconmensurable que algún día esperemos non moi lonxe poda chegar a converterse nun Ben de Interese Cultural Inmaterial.

CORUÑA EN 4 MINUTOS: Cando realicei o meu primeiro directo esta canción clamabase reloxos e fixérana con todolas numerosas adquisicións da colección do meu pai, e outros dalgún amigo ou veciño. O certo e que se correu a bola por todo o barrio e a xente me animaba a que gravara "o seu cucú, o da cociña ...". Nese intre decidín rexistrar aqueles cós que se identificaban máis persoas. A grande riqueza de edificios eclécticos de miña cidade facilitoume o traballo e así realicei un dobre paseo polo tempo, ondeando as secuencias en función da antigüedade destas rítmicas maquinarias.

¿SOMOS DE FENOSA? As intencións de empregar caixas de resonancias pouco habituais levoume a analizar as posibilidades do meu propio fogar. Esta vivenda mínima de 35 m.c. axstase de maneira óptima as miñas necesidades y ás de Mónica. Parece mentira que nun espazo tan reducido poidan vivir día a día dúas persoas con afeccións e ocupacións tan dispares. Ademais de ser unha proposta que aporta una solución a baixo custe dunha vivenda mínima remodelada con fondos sociais. Un exemplo en toda regra de que la vivenda xove de protección oficial é posible.