Ademais dos curtos musicais anteriormente mostrados, ando a traballar noutros dous proxectos: O primeiro sobre as rapas das bestas do que teño rexistrados dous curros de Coruña y Pontevedra, faltando outros dous de Ourense e Lugo para analizar a mesma festa en distintas provincias. O segundo é sobre o camiño de Santiago onde experimentarei para captar a esencia desta ruta Xacobea dende unha lixeira maquina de fotos de peto, a idea agora mesmo compite entre una visión estática ou ben tentar captar o movemento grazas ás pequenas variacións que suceden a cada paso. O contraste vai ser curioso xa que a última vez que recorrín esta ruta foi en bicicleta y en dirección contraria.

 

PASMARTE: Programa de radio que presentouse sen moito éxito ás actividades culturais 2010 propostas ó C.O.A.G. consistía en media hora de duración semanal nunha emisora comercial a nivel rexional e nos acercaría o mundo do arte, entendendo este como unha amalgama de contidos que van dende a arquitectura ata a música, pasando polo cine, o teatro ou incluso as festas populares, sen esquecer os eventos e actividades puntuais e complementarias que se poderían realizar, como algún programa no exterior ben gravado previamente para a sua emisión ou realizando un directo do mesmo, con motivo dalgún acontecemento especial. "A Lota" e un corte piloto de A+PS que reúne as intencións do proxecto.

QUEIMADA FOLK: Este ten sido o noso último proxecto e a aceptación a sido fantástica. Consiste nunha intervención o redor da música folk, as crenzas e ritos tradicionais. Nela recóllense a figura do gaiteiro, do druída, das meigas e da santa compaña. Todo o redor da visión máis organoléptica da paisaxe: a gastronómica, sen renunciar por iso o estímulo sonoro visual e dinámico que tanto caracteriza as nosas creacións. Ata agora o mas curioso que nos ocorreu con este espectáculo foi algún que outro susto, un pequeno ataque de histeria por parte dun niño e algo tan curioso como ser teloneiros de David Civera nas festas de Valga, ademais dunha asegurada contratación no outono vinculada a celebracións de influencia celtas como ó Samaín ou os magostos.

A SEREA DA TORRE: Dentro das ideas que desenrolei ó longo do 2000 está esta canción, recentes traballos paisaxísticos no borde marítimo trouxéronme lembranzas do salitre de cando era máis novo. Pódese dicir que no meu caso cheguei o mundo do paisaxe, o urbanismo ou a arquitectura case como efecto colateral de terme fixado moito antes en moitas cousas. O valor inmaterial do son da serena da Torre de Hércules e unha desas moitas cousas que me atraen desta cidade. Recentemente estivo moitos anos avariada pero dende que a UNESCO recoñeceu o monumento Herculino como Patrimonio da Humanidade volve a gritarlle á inmensidade do Atlántico. Este non deixa de ser o meu pequeno homenaxe.