A miña actual aterraxe nesta materia debese en gran parte as ideas iniciadas dende o mundo da música, o curtametraxe ou a arquitectura. Neste campo é onde máis pódese experimentar cas inercias artísticas que xa expliquei na presentación dos meus proxectos anteriores. Esa interacción entre as distintas disciplinas e ese intento de capturar a carta coordenada temporal que da lugar o movemento e o dinamismo conseguiu absorberme por completo en este mundo por distintas razóns:

A posibilidade de crear espazos mediante elementos vivos e cambiantes como é a vexetación ou o arborado.

A procura desa dicotomía bipolar as veces máxica na que o natural se artificializa e o artificial se naturaliza.

A gratificación  de deseñar en negativo cambiando o chip, e dicir deseñar dende o espazo baleiro dende o silencio e contra o tempo fronte o macizo, o ruidoso ou o urxente.

A posibilidade de realizar proxectos sostibles sen moito esforzo, o manipular valores sociais, ecolóxicos e económicos aplicando os criterios máis viables, equitativos e soportables.

Para terminar pódese dicir que neste novo ámbito de estudio se xuntaron as experiencias máis gratificantes e frustrantes de mi vida. Por unha banda dende o principio captei a esencia deste novo gran espazo de acción no que a visión lúdica e artística que teño da realidade axúdanme enormemente e pola outra parte ainda non conseguín explicar de forma racional as reflexións e experiencias xa maduradas. Como conclusión persoal podería dicir que a regra de ouro para deseñar actualmente de forma lóxica na paisaxe é a de "Pensar en global para actuar en Local", una regra de ouro que xa se ten aplicado históricamente no campo da economía, do urbanismo o da ecoloxía con gran éxito, pero que o tentar defendela xa me orixinou fortes conflitos persoais ca institución onde me formei xa que moitos profesionais ainda non a entenden por estar sometidos o influxo desa escala parroquial tan típica de Galicia.

En mi caso grazas á casualidade conseguín captar esta gran lección de forma práctica nun viaxe a China e de forma paralela nas aulas grazas a un profesor que de forma teórica puido introducirme no feito de que son as escalas más amplas as que dan senso ás máis próximas, incluso que estudar a que escala se ten que analizar cada problema poderíase converter no tema duna tese doutoral. Esta gran lección a puiden aplicar nos meus proxecto desenrolados no Mestrado en Arquitectura da Paisaxeo que asistín perante todo o pasado curso, no que moi poucos profesores chegaron a comprender esta decisión persoal, debido a unha visión urbanística baseada na colmatación de espazos, o ruído e a presa, froito tan só de tendencias nas que claramente prevalece o interese privado fronte o público.