A miña experiencia na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña tamén foi bastante problemática, o gran dilema entre a liña recta academicista da época e a miña aposta sempre arriscada pola curva e o seu dinamismo volveume a causar grandes problemas. Deste gran período da miña vida lembro o sacrificio realizado o costearme os meus estudos e as duas firmes propostas que me fixen o comezar: "Que a escola pasara por min e non eu pola escola". E "aprender o máximo exprimindo a cada uno dos meus profesores, sen recorrer a clases particulares, xa que bastante caro sae estudar". O final o custo foi basicamente en tempos pero esa actitude valeume moito para aprender de verdade.

O igual que fixen no tema da paisaxe e sempre dende a miña experiencia persoal creo que regra de ouro en arquitectura é pensar sempre os problemas en dous camiños opostos, de dentro para fora e o revés, os edificios son ese límite onde cambia a dirección de ese percorrido. Por outra banda tamén penso que a gran revolución actual está de novo nun pensamento en verde. Hoxe en día apostase moito polo bioclimático e as enerxías renovables pero isto no deixa de ser un detalle se non se troca de novo a esa mentalidade "glocal". A visión macroscópica é a que da senso os pequenos detalles, e tampouco chega cun enfoque económico y ecolóxico se esquecemos o social nesa tripe balanza. E imposible resolver os problemas se non se modifican as inercias dende políticas comunitarias. Na miña opinión segue fallando unha cosa: o control, por moita lei normativa que exista se non se arbitra por un órgano alleo os resultados, o sistema fallará sempre por moito que se revisen os procesos intermedios. Pero isto posiblemente tamén este cambiando.

O rematar a carreira en plena crise ecolóxica, económica y despois social algúns profesores xa planeaban a posibilidade de reverter a situación, actuando dende as novas oportunidades que ofrecía la chegada do tren de alta velocidade a Galicia. As vellas instalacións ferroviarias permitirían como en el caso de Ourense una nova posibilidade urbana para o ben estar social. Eu involucreime plenamente neste desafío realizando un proxecto a gran escala onde ademais de aportar una solución a la íntermodalidade de la estación, creaba todo un barrio adaptado a unidades familiares que arrastrasen algún tipo de problema de mobilidade reducida por parte de algún dos seus membros. Conseguín crear unhas vivendas modulares que solucionaban as necesidades de habitación para calquera tipo de familia (individual, en parella con fillos o incluso interxeneracionais). Estas unidades colgábanse dunha superestrutura que traballaba a tracción, xusto o revés do habitual, permitindo así crear amplos patios entre unha vivenda e outra para que cada residencia tivera un acceso compartido directo o exterior. A proximidade da estación y dunha ampla zona adicada o terciario complementaba tódalas necesidades vitais das persoas con esta problemática, facéndoas independentes para trasladarse empregando o tren dunha forma inmediata, e disfrutando dunha ampla zona axardinada que dialogaría de forma ecolóxica ca sua propia terraza a menor escala.