CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CASTRO DE A CIDÁ DE BORNEIRO.

   

 

Esta proposta é unha ambiciosa intervención nas inmediacións do castro A Cidá (con una actuación entre la zona de protección de 200 m y la de protección especial). Una acción que pretende ser directa e moi discreta, para non comprometer a potencialidade do xacemento. As ferramentas para elo son relacionar o asentamento castrense co seu pasado megalítico (interferindo directamente con Dombate), co seu presente romano y co seu futuro medieval, agrícola y preindustrial, ata chegar paso a paso os nosos días.

 

PROXECTO PARA UNHA PISCINA MUNICIPAL CUBERTA.    

 

A primeira idea que propón este proxecto é unha intervención paisaxística que conecte directamente a nova construción co seu pasado máis claro, intentando recuperar o bosque autóctono dende a zona do campo de fútbol ata o centro do pobo. A segunda idea e conseguir que a arquitectura potencie que o mundo natural e artificial complementen as súas propias esencias. De forma que os distintos elementos vexetais e construtivos permitan esculpir de forma paralela o espazo público a la vez que o privado.

 

ANTEPROXECTO PARA UN SPA PARA O AQUAPARK DE CERCEDA.    

 

Ondeando un espazo residual como é o límite da parcela ca servidume xerada polo curso fluvial, esta edificación se abre a un embalse artificial creado no couce do propio regato que reorganiza esta terra de ninguén. Fronte a esta actuación un tanto agresiva, a edificación se enterra por completo para pasar desapercibida xerando unha brecha que simbólicamente emula un val, para acabar coséndoa cun atado vexetal que relaciona as dúas marxes desta construción. A lóxica de todo o conxunto é este novo curso de auga e as pozas cubertas o exterior.

 

REHABILITACIÓN DO COMPLEXO DEPORTIVO DOMAÑANES EN CABEZÓN DA SAL.  

 

Cando os pequenos pobos queren ser cidades perden a súa propia esencia. Este é o caso do excesivo crecemento urbano sufrido en Cabezón da Sal.O incremento da súa poboación orixinou tamén novas demandas sociais como pode ser a posibilidade de practicar deporte. A falta de instalacións similares en moitos kilómetros á redonda orixina que o complexo deportivo municipal  Domañanes  sexa un gran reclamo que se podería potenciar enormemente co apoio do tren. Pero estes cambios na crecente carga de usuarios está demandando unha urxente e contundente reforma integral.