No que se refire a este campo por fin se pode dicir que nunca tiven problemas e que nel conseguín mis mais sinxelos e agradables pequenos triunfos. Tal vez sexa por qué esta escala orgánica das pequenas cousas me resulta moi interesante polo seu carácter inmediato. E dicir me parece extremadamente gratificante como unha idea se converte rapidamente nun moble, nunha reforma dun espazo ou en algo tan simple como un logotipo para unha empresa ou programa de radio, sen maior complicación. Ademais potenciada por esa filosofía do fágalo vostede mesmo que tanto éxito esta dando a algunha empresa de deseños a baixo custe por catálogo nos que o montaxe corre por conta do comprador. Aínda que moitas veces me salga máis caro eu intento evitar este xogo e creo que é máis recorrente reciclar e reinventar as cousas de novo, que caer nun consumismo disparatado, pero isto que quede claro no deixa de ser una opción persoal.

Dende pequeno na miña casa fixéronse os mobles a medida, e iso deixa pegada, de feito o meu avó era carpinteiro e o simple olor a serrín de pino me leva directamente a miña infancia. Por esta razón y debido a miña formación no dubido en aproveitar calquera ocasión para reconstruír algún espazo personalizándoo as condicións do propietario, integrando o mobiliario dunha forma práctica e bastante emblemática e aportándolle a este elemento unha carácter propia que supera a súa simple funcionalidade de contenedor.

Fronte a esta visión pragmática do deseño xurdiu uns dos nosos espectáculos: Recicla-Arte unha creación multidisciplinar que o longo destes anos ten feito soñar a pequenos e maiores o mesmo ritmo, unha conxunción entre natureza e virtualidade que nos fai pensar nun futuro mellor. No seu momento no lle din demasiada importancia a esta intervención no mundo do teatro dende unha visión vangardista do guiñol. Nun principio non relacionei a nosa creación ca arquitectura para nada ainda que aproveitaba gran cantidade de reflexiones feitas no seu campo. Pero o éxito que esta primeira obra de Ni Fu Ni Fa Animación adquiriu o longo dos anos polos auditorios de gran parte de Galicia, me amosaron que a cultura está por encima das épocas e que a labor pedagóxica de poñer en valor todo aquilo que nos importa é a mellor forma de mantelo. Retomando esa visión filosófica e sobre todo vital que ata o pasado co noso presente asegurando así o futuro. Ese ten sido o secreto do pequeno éxito acadado con esta proposta.

O máis curioso de todo este tema é comprobar como nas distintas leis de protección da paisaxe, se andan a empregar gran cantidade de enerxías en labores de concienciación, valoración e ríspeto das entornas. Algo do que eu podo presumir que levo facendo máis de dez anos de forma casual co apoio da Xunta, la Diputación ou do Concello da Coruña sen haberme dado conta.